Preboda Eva e David (2ª parte)

Sesiones - Comentar -

En ocasións, a climatoloxía durante unha sesión fotográfica, pode ser boa para unha localización, pero non ser a mellor noutra. O día da preboda de Eva e David, había unha brétema cubrindo completamente o ceo que, se para a Ruta da Pedra e da Auga resultaba ideal, na costa pensamos que quedaría demasiado gris. A solución foi deixar esta segunda parte da sesión para un día diferente, ó atardecer, na praia de Foxos en Sanxenxo.

Julián D. Martínez - img-1774.jpg

Coma sempre, comezamos con accións e poses sinxelas que, ademais de resultar moi románticas, axudan a ir entrando en situación.

Julián D. Martínez - img-1529.jpg

Pouco a pouco imos elaborando escenas cada vez máis complexas, que á súa vez resultan tamén moi divertidas para Eva e David.

Julián D. Martínez - img-1583.jpg

Este tipo de accións, aparte de moi vistosas, serven para que a parella desfrute do momento e se esqueza totalmente de que están sendo fotografados.

Julián D. Martínez - img-1553.jpg

Tiñabamos a luz perfecta para fotografar sen axuda de flash, logrando unhas fotos en clave alta (predominio de tons claros) que recalcan o bo humor e alegría dos namorados.

Julián D. Martínez - img-1754.jpg

Á altura ideal estaba o sol para crear unhas idílicas estampas de baixo contraste, que se conseguen deixando atravesar directamente algúns raios de luz a lente da cámara.

Julián D. Martínez - img-1810.jpg

Na maioría destas fotografías, que foron feitas a contraluz para un efecto máis rechamante, utilizamos un simple pero efectivo reflector orientado cara os noivos. Deste xeito quedan correctamente iluminados aproveitando a luz natural.

Julián D. Martínez - img-1921.jpg

E xa para finalizar esta preboda, e tendo en conta as sensacións que transmiten estas imaxes... ¡Como non imos tratar de que as parellas teñan sempre as súas fotos desfrutando dun atardecer!

Julián D. Martínez - img-1610.jpg

Queda agora, por suposto, o gran día da boda... ¡Que será na próxima entrada deste mesmo blog!

Aínda quedan datas dispoñibles para esta tempada, pero se xa decidiches casarte o ano que ven... ¡Podes pedir xa o teu presuposto!

Compartir 

* Datos obligatorios

Deja tu comentario
Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

9 + 9 =
Ver anterior Ver siguiente
Últimas entradas
Categorías