Hoxe temos unha cita con Eva e David, unha encantadora parella que contou co noso equipo para a realización da súa reportaxe de boda.
Para estes eventos sempre incluimos unha preboda, que se trata dunha sesión de parella que realizamos unhas semanas antes do gran día, ó natural, nunha ou dúas localizacións que ós noivos lles gusten e que, aparte de coller confianza co fotógrafo, serve para perder a timidez ó poñerse diante dunha cámara.
Eva e David, como bos afecionados aos deportes de montaña, escolleron a Ruta da Pedra e da Auga como primeira localización para as súas fotografías de preboda.
Tocounos un día de brétema que, aínda que poida deixar un ceo moi esbrancuxado, proporciona unha agradable e suave luz.
Aproveitando esta homoxénea iluminación natural, facemos as primeiras tomas para ir entrando en situación, e, coma sempre, comezamos cuns sinxelos e románticos xestos.
Á hora de fotografar parellas, suxerimos que os noivos non miren á cámara, xa que tratamos de narrar unha historia entre eles, quedando unhas imaxes máis auténticas.
Con isto tamén conseguimos que se esquezan da presenza do fotógrafo e, en cosecuencia, os poucos nervios que poida haber desaparecen e actúan con moita máis naturalidade.
Logo desta primeira toma de contacto, adentrámonos na ruta xa envoltos pola sombra da frondosa vexetación. Como a luz nunha zona tan sombría era insuficiente para crear unhas fotografías de calidade, complementámola coa axuda dun flash.
Co uso do flash, a parte de conseguir unhas imaxes máis vistosas, podemos conxelar o movemento, importantísimos cando se fotografía a interacción entre unha parella.
Definindo con poucas palabras esta sesión con Eva e David, diriamos que, a xulgar polos resultados, foi tremendamente divertida. Ademáis de conseguir unhas fotos para o recordo e incluir no seu álbum de boda, levan consigo unha experiencia irrepetible.
Como podemos apreciar en tódalas fotografías, queda patente que o estilo fotográfico que buscamos por parte do noso equipo é o de "capturar o momento", apertar o obturador da cámara xusto no cumio da acción, así como captar unha brillante mirada ou o máis sincero dos sorrisos.
Se te casas durante este verán e desexas que fagamos a túa reportaxe de boda, esta é a túa oportunidade... Deixa de buscar, e reserva xa túa data!
Por certo, non te perdas próximamente a segunda parte desta preboda... durante unha soleada tarde na praia!