Chegando á recta final do seu embarazo, esta futura mamá, Noelia, decidiu crear un recordo dunha das etapas máis fascinantes da vida, e que mellor forma de facelo que cunha fermosa sesión fotográfica.
Unha sesión de embarazada podémola realizar en exteriores ou, como neste caso, a domicilio, na tranquilidade do fogar do futuro bebé.
Alí trasladamos luces e fondos, polo tanto, calquera lugar resulta ideal para tomar unhas fotos tipo estudio.
Utilizando diferentes opcións de vestiario, obtemos unha maior variedade visual na reportaxe. Así mesmo, mostramos de distintas maneiras a barriga que, sen dúbida, é a gran protagonista.
E como non, o futuro pai, Joaquín, anímase a entrar en acción.
Aínda que moitas poses estean preparadas antes de accionar o obturador, a filosofía debe ser sempre a de "capturar o momento".
Chegamos así ao remate desta sesión de embarazo na que, os futuros pais, coma sempre, estiveron excelentes.
Se tiñas dúbidas de se realizar unha sesión de embarazada, espero que esta reportaxe te anime a vivir a túa propia experiencia.
E se queres realizar calquera consulta, ou ben reservar xa a túa cita, pulsa en CONTACTO.