Reportaxe de embarazo con Elena (2ª Parte)

Sesiones - Comentar -

Unha reportaxe de seguimento de embarazo é un traballo realizado durante aproximadamente un prazo de 7–9 meses, no que cada 4 semanas se levará a cabo unha sesión fotográfica, e onde a variación de tamaño que se produce na barriga da nai será a protagonista da historia.

Julián D. Martínez - panoramica-fondo-branco-10x15-2.jpg

Unha das claves para realizar este tipo de traballos é acudir a cada unha das sesións co mesmo vestiario e peiteado. Recoméndase que sexa algo neutro, discreto e atemporal. Deste xeito, a atención da imaxe non irá máis aló do que queremos transmitir.

Estas reportaxes adóitanse realizar a partir do terceiro mes de xestación, no que comeza a ser visible o aumento da barriga.

Julián D. Martínez - 1.jpg

Se coñecedes as miñas fotografías de parella, xa sabedes que, cando se colocan diante do obxectivo, procuro capturar sempre esa espontaneidade que xorde de forma natural entre eles. Por suposto, así ocorre cada vez que Iván entra en escena.

Julián D. Martínez - 2-1.jpg

Así como o vestiario, peiteado e maquillaxe debe ser sempre igual, usaremos os mesmos fondos polo mesmo motivo.

Os fondos de estudio, ao seren portátiles, son trasladados en cada sesión ao domicilio da familia; así como tamén os reflectores e flashes para cada unha das sete citas das que constou esta reportaxe de embarazo.

Unha vez rematabamos co fondo branco, cambiabamos ao fondo negro, podendo montar diferentes esquemas de iluminación e transmitir, modificando tamén o estilo de posado, diferentes sensacións.

Julián D. Martínez - 4.jpg

Aínda que neste tipo de sesións fotografar de xeonllos para arriba poida resultar o máis axeitado, non debemos restar importancia a realizar belas capturas de corpo enteiro.

Julián D. Martínez - 5.jpg

E de novo, noutra panorámica realizada esta vez coas fotografías de fondo negro, vemos resumida unha das etapas máis importantes da vida desta ilusionada nai.

Julián D. Martínez - panoramica-fondo-negro.jpg

Se che gustou este traballo e estás embarazada de poucos meses, xa podes reservar a túa propia reportaxe de seguimento de embarazo.

A maiores das fotos individuais, terás unha panorámica montada coas mellores fotos de fondo negro e outra coas de fondo branco, para que elixas a que máis che guste e así realizar un cadro ou calquera outro elemento decorativo co que recordarás tan fermoso momento.

Pide presuposto pulsando en CONTACTO ou enviando un Whatsapp ao 630389297.

Compartir 

Deja tu comentario
Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

9 + 9 =
Ver anterior Ver siguiente
Últimas entradas
Categorías