O pasado mes de Agosto tivemos a sorte de realizar a reportaxe do gran día desta sensacional parella. Digo tivemos, porque o noso equipo para bodas está formado por dous fotógrafos. E coa palabra sensacional, refírome tamén a como foi todo o evento, cargado de emocións, xa que non podía ser menos coñecendo as personalidades de Eva e David.
Comezamos a xornada fotografando a preparación e os momentos previos ó encontro dos noivos, capturando eses sentementos irrepetibles. Ademais, con estas pequenas reportaxes individuais, quedan plasmados como foi o proceso de cada un, que, por suposto, esperan ver xuntos e con moita ilusión posteriormente en fotos.
¿E como cubrimos fotograficamente esta preparación simultánea en diferentes localizacións? Como expoñía ó comezo deste artigo, nestes eventos os noivos sempre contan co traballo de dous fotógrafos, cada un encárgase desa pequena sesión fotográfica a cada membro da parella. Por suposto, o segundo fotógrafo non supón ningún custo extra, xa que se inclúe en tódolos packs dispoñibles.
Para ir quentando motores, fotografamos algúns primeiros planos de detalles...
Importantísimos para completar unha boa reportaxe de bodas.
Capturando tamén tan só pequenas partes nos propios noivos, conseguimos que se vaian acostumando á presencia do fotógrafo.
E unha vez metidos en situación, xa podemos inmortalizar eses momentos máxicos cos máis achegados.
Si, son eses encontros con familiares e amigos, que achegan todo o seu bo facer para que os noivos estean radiantes no seu gran día.
E unha vez listos, imos directos cara a localización da cerimonia. A ilusión da chegada dos noivos, acompañados da madriña e o padriño en cadanseu coche de época, resulta indescritible con palabras...
Non te perdas a próxima entrada de blog, na que... ¡Veremos como transcorreu esta emocionante boda!
Fotógrafos: Julián D. Martínez / Santiago López
Lembra que podes seguirme nas redes sociais para estar ao tanto dos traballos realizados: