Sesión de bebé en estudio

Sesiones - Comentar -

Vestido para a ocasión, comezábamos esta sesión post-bautizo con Flavio.

Julián D. Martínez - sesion-familiar-postbautizo-cambados-1.jpg

Unha tea de pelo largo como fondo resultou ideal para reflexar a auténtica personalidade deste adorable bebé.

Julián D. Martínez - sesion-familiar-postbautizo-cambados-2.jpg

E como tódolos packs de sesións que ofrezo inclúen polo menos un cambio de vestiario, aproveitamos o traxe azul para poñer un fondo que faga resaltar esa cor.

Julián D. Martínez - sesion-familiar-postbautizo-cambados-4.jpg

E novamente Flavio dando o mellor de sí mesmo!

Julián D. Martínez - sesion-familiar-postbautizo-cambados-3.jpg

Podes ver máis fotos desta sesión de bebé realizada en Cambados pulsando AQUÍ.

E infórmate sobre as diferentes sesións fotográficas no estudio situado en Av. Vilariño 18, Cambados, ou se o prefires, cubrindo o seguinte formulario de contacto.

Deja un comentario

Sesión "smash cake" en estudio

Sesiones - Comentar -

A idea dunha sesión de cumpreanos na que se aplasta unha torta soa prometedora, e máis, se as que se encargan de facelo son Paola e Laura.

Julián D. Martínez - smash-cake-cambados-10.jpg

Realizadas no recén inaugurado estudio, para estas fotografías escollemos unha decoración sinxela e un fondo neutro. Os pais das nenas querían que elas fosen as protagonistas e así foi.

Julián D. Martínez - smash-cake-cambados-2.jpg

O pastel era de madeira, e pasárono tremendamente ben desmontándoo unha e outra vez.

Julián D. Martínez - smash-cake-cambados-5.jpg

E que a festa non pare!

Julián D. Martínez - smash-cake-cambados-3.jpg

Nesta sesión smash cake realizada en Cambados, foron as bebés as que marcaron o ritmo, ofrecendo oportunidades para crear fotos únicas.

Julián D. Martínez - smash-cake-cambados-4.jpg

Tamén houbo momentos de calma, dando como resultado unha maior variedade de imaxes no producto final entregado.

Julián D. Martínez - smash-cake-cambados-6.jpg

E lembra que se queres ter as fotos do teu bebé para o propio día do cumple, debemos facela cunha ou dúas semana de antelación.

Julián D. Martínez - smash-cake-cambados-7.jpg

Infórmate no estudio situado en Avenida Vilariño, 18 en Cambados... E reserva a túa SESIÓN SMASH CAKE!

Deja un comentario

Sesión familiar ó atardecer

Sesiones - Comentar -

Se hai unha época ideal para facer sesións fotográficas, esa é a finais do verán. E que mellor que unhas fotos familiares para desfrutar dunha apracible tarde na costa.

As protagonistas da historia de hoxe serán dúas adorables irmás mellizas acompañadas polos seus pais.

Julián D. Martínez - sesion-familiar-illa-de-arousa-1.jpg

A localización elexida, suxerencia de Cris e David, é indiscutiblemente boa. Seguro que xa vos soa dalgunha sesión fotográfica de parella que publiquei por aquí anteriormente. Esta zona da Illa de Arousa teno todo: monte, praia, pasarelas de madeira e, sobre todo, unha enérxica luz.

Julián D. Martínez - sesion-familiar-illa-de-arousa-10.jpg

Se fotografar un bebé require moita dedicación, retratar dous ao mesmo tempo pode esixir un pouco máis. Gracias a uns pais colaborativos esta foi unha sesión doada de levar a cabo.

Julián D. Martínez - sesion-familiar-illa-de-arousa-3.jpg

Aínda que moitas veces cunha foto podería ser suficiente, sabedes que me encanta narrar o momento en dúas ou máis instantáneas.

Julián D. Martínez - sesion-familiar-illa-de-arousa-2-1.jpg

Hai algo máis divertido que un pai ou nai nun momento de bromas co seu bebé? Velaquí a historia narrada noutra serie de dúas fotografías.

Julián D. Martínez - sesion-familiar-illa-de-arousa-4-1.jpg

Unha vez rematadas as fotos da pasarela conseguimos baixar ata a praia. Nese momento unha gran nube agochaba xa ó sol, proporcionando a uniforme e suave iluminación ideal para a fotografía de bebés.

Julián D. Martínez - sesion-familiar-illa-de-arousa-6.jpg

Chegando ao remate desta sesión fotográfica familiar na Illa de Arousa, unha das peques comezaba a pedir un merecido descanso.

Julián D. Martínez - sesion-familiar-illa-de-arousa-7.jpg

E xa para finalizar, e antes de que as bebés esgotasen toda a súa enerxía, conseguimos capturar algún entrañable momento máis sobre a area da praia.

Julián D. Martínez - sesion-familiar-illa-de-arousa-9.jpg

En definitiva, este atardecer en familia plasmado en fotos e impreso nun álbum será un recordo que, en propias palabras dos pais, desfrutarán vendo e tocando ao longo dos anos e incluso décadas.

Se como Cris e David queres pasar uns momentos divertidos cos teus nenos mentras capturo instantáneas, esta é a túa oportunidade.

Lembra que antes de que chegue o frío é a mellor época!

Pide máis información e reserva a túa cita pulsando en CONTACTO ou cubrindo o seguinte formulario:

Deja un comentario

Reportaxe de embarazo con Elena (2ª Parte)

Sesiones - Comentar -

Unha reportaxe de seguimento de embarazo é un traballo realizado durante aproximadamente un prazo de 7–9 meses, no que cada 4 semanas se levará a cabo unha sesión fotográfica, e onde a variación de tamaño que se produce na barriga da nai será a protagonista da historia.

Julián D. Martínez - panoramica-fondo-branco-10x15-2.jpg

Unha das claves para realizar este tipo de traballos é acudir a cada unha das sesións co mesmo vestiario e peiteado. Recoméndase que sexa algo neutro, discreto e atemporal. Deste xeito, a atención da imaxe non irá máis aló do que queremos transmitir.

Estas reportaxes adóitanse realizar a partir do terceiro mes de xestación, no que comeza a ser visible o aumento da barriga.

Julián D. Martínez - 1.jpg

Se coñecedes as miñas fotografías de parella, xa sabedes que, cando se colocan diante do obxectivo, procuro capturar sempre esa espontaneidade que xorde de forma natural entre eles. Por suposto, así ocorre cada vez que Iván entra en escena.

Julián D. Martínez - 2-1.jpg

Así como o vestiario, peiteado e maquillaxe debe ser sempre igual, usaremos os mesmos fondos polo mesmo motivo.

Os fondos de estudio, ao seren portátiles, son trasladados en cada sesión ao domicilio da familia; así como tamén os reflectores e flashes para cada unha das sete citas das que constou esta reportaxe de embarazo.

Unha vez rematabamos co fondo branco, cambiabamos ao fondo negro, podendo montar diferentes esquemas de iluminación e transmitir, modificando tamén o estilo de posado, diferentes sensacións.

Julián D. Martínez - 4.jpg

Aínda que neste tipo de sesións fotografar de xeonllos para arriba poida resultar o máis axeitado, non debemos restar importancia a realizar belas capturas de corpo enteiro.

Julián D. Martínez - 5.jpg

E de novo, noutra panorámica realizada esta vez coas fotografías de fondo negro, vemos resumida unha das etapas máis importantes da vida desta ilusionada nai.

Julián D. Martínez - panoramica-fondo-negro.jpg

Se che gustou este traballo e estás embarazada de poucos meses, xa podes reservar a túa propia reportaxe de seguimento de embarazo.

A maiores das fotos individuais, terás unha panorámica montada coas mellores fotos de fondo negro e outra coas de fondo branco, para que elixas a que máis che guste e así realizar un cadro ou calquera outro elemento decorativo co que recordarás tan fermoso momento.

Pide presuposto pulsando en CONTACTO ou enviando un Whatsapp ao 630389297.

Deja un comentario

Sesión de embarazo con Elena (1ª Parte)

Sesiones - Comentar -

Un dos acontecementos máis importantes na vida de calquera futura nai ou parella é desfrutar da espera dun bebé, e no caso de Elena e Iván, queda constancia de que así foi.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-11.jpg

Realizadas a domicilio, estas fotografías corresponden a dúas sesións diferentes (no próximo artigo xa saberedes o porqué), levadas a cabo no penúltimo e último mes de xestación. E tanto unha como a outra foron planeadas para aproveitar a fermosa luz natural que entraba pola fiestra dunha das estancias máis acolledoras do fogar do futuro bebé.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-1.jpg

Para lograr unha reportaxe máis completa, é boa idea introducir na escena persoas ligadas á protagonista.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-5.jpg

Este é o caso dunha das futuras avoas, que tamén desfruta con intensidade desta fascinante etapa por tratarse, ademais, do seu primeiro neto.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-4.jpg

Aínda que semelle o contrario, case tódalas escenas e poses están preparadas en maior o menor medida. Iso si, a manipulación realizada polo fotógrafo debe pasar totalmente inadvertida.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-10.jpg

E se improvisamos unha pequena historia para ser contada en imaxes, xurdirán de forma natural diversas emocións, podendo realizar así as capturas máis sinceras. Ademais, con estas pequenas accións, situarse diante da cámara resulta moi doado e divertido.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-8-9.jpg

Facendo uso da creatividade, podemos incluír no encadre algún obxecto do bebé. Así, sen necesidade de mostrar un só rostro, conseguimos igualmente unha fotografía alternativa de retrato.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-7.jpg

Aproveitando ata o último momento a luz natural que entraba pola fiestra, chegamos xa ao remate deste artigo...

Julián D. Martínez - embarazo-ele-6.jpg

E xa sabes... Ségueme nas redes sociais para non perderte a segunda parte!

Ou, mellor aínda, pulsa en CONTACTO para reservar a túa propia sesión de embarazo!

Deja un comentario

Sesión corporativa coa doutora Karina

Sesiones - Comentar -

Hoxe en día, ademais de ser boa profesional, a presencia en internet é moi importante, e Karina L. Siles, kinesióloga biomagnética, é consciente diso.

Julián D. Martínez - dra-karina-3.jpg

Os clientes, ou neste caso pacientes, adoitan buscar na web ou redes sociais información sobre a persoa que os vai tratar, e transmitir unha boa imaxe resulta imprescindible. Polo tanto, a doutora contactou con nós para facer unha pequena reportaxe nunha das súas consultas, neste caso, na de Vigo.

Julián D. Martínez - dra-karina-1.jpg

Se a elección do escenario é importante, a elaboración das poses é algo que tampouco deixaremos froito do azar. Debemos coñecer moi ben a linguaxe corporal, xa que, no caso dos retratos, case sempre é a máis importante. Así mesmo, cun sorriso natural e unha lixeira inclinación da cabeza, podemos transmitir complicidade.

Julián D. Martínez - dra-karina-5.jpg

Para crear variedade visual, ademáis de planos medios, consideramos tamén importante a realización de primeiros planos. A utilización dun equipo de luz auxiliar, neste caso un flash con difusor, é o que produce ese vistoso brillo nos ollos.

Julián D. Martínez - dra-karina-4.jpg

E xa rematando este artigo, concluímos que, unha sesión corporativa debe ser, coma todas, relaxada e distendida, na que un sincero sorriso é a mellor carta de presentación.

Julián D. Martínez - dra-karina-2.jpg

Esta é a túa oportunidade. Se tes un negocio e queres fotografías de calidade para ter unha boa presencia na rede, non o dubides: reserva cita e pide presuposto pulsando en CONTACTO.

Deja un comentario

Sesión de embarazo con Noelia

Sesiones - Comentar -

Chegando á recta final do seu embarazo, esta futura mamá, Noelia, decidiu crear un recordo dunha das etapas máis fascinantes da vida, e que mellor forma de facelo que cunha fermosa sesión fotográfica.

Julián D. Martínez - embarazo-noe-4.jpg

Unha sesión de embarazada podémola realizar en exteriores ou, como neste caso, a domicilio, na tranquilidade do fogar do futuro bebé.

Julián D. Martínez - embarazo-noe-13.jpg

Alí trasladamos luces e fondos, polo tanto, calquera lugar resulta ideal para tomar unhas fotos tipo estudio.

Julián D. Martínez - embarazo-noe-6.jpg

Utilizando diferentes opcións de vestiario, obtemos unha maior variedade visual na reportaxe. Así mesmo, mostramos de distintas maneiras a barriga que, sen dúbida, é a gran protagonista.

Julián D. Martínez - embarazo-noe-8.jpg

E como non, o futuro pai, Joaquín, anímase a entrar en acción.

Julián D. Martínez - embarazo-noe-3.jpg

Aínda que moitas poses estean preparadas antes de accionar o obturador, a filosofía debe ser sempre a de "capturar o momento".

Julián D. Martínez - embarazo-noe-14.jpg

Chegamos así ao remate desta sesión de embarazo na que, os futuros pais, coma sempre, estiveron excelentes.

Julián D. Martínez - embarazo-noe-2.jpg

Se tiñas dúbidas de se realizar unha sesión de embarazada, espero que esta reportaxe te anime a vivir a túa propia experiencia.

Julián D. Martínez - embarazo-noe-15.jpg

E se queres realizar calquera consulta, ou ben reservar xa a túa cita, pulsa en CONTACTO.

Deja un comentario

Enlace Eva & David (2ª Parte)

Bodas - Comentar -

Son as 14:18 dun sábado en agosto. Desbordante de ledicia, aproxímase Eva ó altar.

Julián D. Martínez - e-d-142.jpg

Mentres un dos dous fotógrafos capta esta entrada da noiva...

Julián D. Martínez - e-d-143.jpg

...o outro encárgase das reaccións de David que, con ilusión, agarda ansioso ante o altar.

Agora si, os prometidos xa sentados, listos para comezar a cerimonia. ¡Hai miradas que o din todo!

Julián D. Martínez - e-d-151.jpg

Uns dos momentos máis apaixoantes das bodas son as lecturas que realizan os amigos e familiares.

Julián D. Martínez - e-d-153.jpg

Pode que aos fotógrafos tamén se nos esvare algunha bágoa, pero a emoción dos noivos é algo que non nos debemos perder.

Julián D. Martínez - e-d-160.jpg

Eses sentementos que emerxen...

Julián D. Martínez - e-d-194.jpg

...estalando, como non, con auténtico xúbilo.

Julián D. Martínez - e-d-207.jpg

O cume de toda cerimonia nupcial é a colocación dos aneis.

Julián D. Martínez - e-d-174.jpg

Instante decisivo que captura tamén, nun primeirísimo plano e desde outro ángulo, o segundo fotógrafo con gran mestría .

Julián D. Martínez - e-d-175.jpg

Tralo ritual das alianzas, o gran bico dos noivos.

Julián D. Martínez - e-d-186.jpg

Rematando esta boda civil, e para sorpresa de todos, xorde un improvisado e romántico baile cargado de sentementos.

Julián D. Martínez - e-d-227.jpg

Finalmente, á saída da cerimonia, unha colorida choiva de pétalos azuis agardáballe á parella.

Julián D. Martínez - e-d-232.jpg

Deixamos agora por un intre o estilo periodístico (fotografar todo o que acontece sen intervir), e facemos uso da creatividade. Pasamos a elaborar as fotografías da reportaxe de recén casados que tanto lles gustan a tódolos noivos.

Julián D. Martínez - e-d-274.jpg

A localización, os propios xardíns do lugar da celebración da boda, en Casa Rosita, Cambados, proporcionaron o entorno ideal para retratar o amor do matrimonio.

Julián D. Martínez - e-d-279.jpg

Introducir na escena os flamantes e antigos coches nupciais é unha aposta segura.

Julián D. Martínez - e-d-254.jpg

Ademáis de cinematográficas, o ton vermello do Renault de época, o azul no traxe de David, e o verde do ramo de Eva, deixan unhas imaxes realmente coloridas e vistosas.

Julián D. Martínez - e-d-272.jpg

Desfrutamos un pouco máis dos xardíns neste irrepetible día...

Julián D. Martínez - e-d-290.jpg

E retomamos o estilo fotoperiodístico porque... ¡Chegou por fin a festa!

Julián D. Martínez - e-d-294.jpg

Cando che tocan uns noivos así de guais, ¡As fotos saen soas!

Julián D. Martínez - e-d-405.jpg

E como non, continuamos inmortalizando tódalas emocións que xurdiron ao longo deste día tan especial.

Julián D. Martínez - e-d-366.jpg

Chegamos xa ao fin deste artigo no que, por suposto, rematamos ¡desexándolle aos noivos que sexan moi felices!

Julián D. Martínez - e-d-260.jpg

Bota unha ollada aos PACKS para o vindeiro 2022, e consulta calquera dúbida e dispoñibilidade pulsando en CONTACTO.

Deja un comentario

Enlace Eva & David (1ª Parte)

Bodas - Comentar -

O pasado mes de Agosto tivemos a sorte de realizar a reportaxe do gran día desta sensacional parella. Digo tivemos, porque o noso equipo para bodas está formado por dous fotógrafos. E coa palabra sensacional, refírome tamén a como foi todo o evento, cargado de emocións, xa que non podía ser menos coñecendo as personalidades de Eva e David.

Comezamos a xornada fotografando a preparación e os momentos previos ó encontro dos noivos, capturando eses sentementos irrepetibles. Ademais, con estas pequenas reportaxes individuais, quedan plasmados como foi o proceso de cada un, que, por suposto, esperan ver xuntos e con moita ilusión posteriormente en fotos.

Julián D. Martínez - e-d-026-1.jpg

¿E como cubrimos fotograficamente esta preparación simultánea en diferentes localizacións? Como expoñía ó comezo deste artigo, nestes eventos os noivos sempre contan co traballo de dous fotógrafos, cada un encárgase desa pequena sesión fotográfica a cada membro da parella. Por suposto, o segundo fotógrafo non supón ningún custo extra, xa que se inclúe en tódolos packs dispoñibles.

Julián D. Martínez - e-d-002.jpg

Para ir quentando motores, fotografamos algúns primeiros planos de detalles...

Julián D. Martínez - detalle-aneis.jpg

Importantísimos para completar unha boa reportaxe de bodas.

Capturando tamén tan só pequenas partes nos propios noivos, conseguimos que se vaian acostumando á presencia do fotógrafo.

Julián D. Martínez - e-d-015.jpg
Julián D. Martínez - e-d-011.jpg

E unha vez metidos en situación, xa podemos inmortalizar eses momentos máxicos cos máis achegados.

Julián D. Martínez - e-d-018.jpg

Si, son eses encontros con familiares e amigos, que achegan todo o seu bo facer para que os noivos estean radiantes no seu gran día.

Julián D. Martínez - e-d-030-1.jpg
Julián D. Martínez - detalle-pulseira.jpg

E unha vez listos, imos directos cara a localización da cerimonia. A ilusión da chegada dos noivos, acompañados da madriña e o padriño en cadanseu coche de época, resulta indescritible con palabras...

Julián D. Martínez - e-d-104.jpg
Julián D. Martínez - e-d-124.jpg

Non te perdas a próxima entrada de blog, na que... ¡Veremos como transcorreu esta emocionante boda!

Fotógrafos: Julián D. Martínez / Santiago López

Lembra que podes seguirme nas redes sociais para estar ao tanto dos traballos realizados:

facebook.com/juliandanielfoto

instagram.com/julian.d.photo

instagram.com/julian.d.martinez

Deja un comentario

Preboda Eva e David (2ª parte)

Sesiones - Comentar -

En ocasións, a climatoloxía durante unha sesión fotográfica, pode ser boa para unha localización, pero non ser a mellor noutra. O día da preboda de Eva e David, había unha brétema cubrindo completamente o ceo que, se para a Ruta da Pedra e da Auga resultaba ideal, na costa pensamos que quedaría demasiado gris. A solución foi deixar esta segunda parte da sesión para un día diferente, ó atardecer, na praia de Foxos en Sanxenxo.

Julián D. Martínez - img-1774.jpg

Coma sempre, comezamos con accións e poses sinxelas que, ademais de resultar moi románticas, axudan a ir entrando en situación.

Julián D. Martínez - img-1529.jpg

Pouco a pouco imos elaborando escenas cada vez máis complexas, que á súa vez resultan tamén moi divertidas para Eva e David.

Julián D. Martínez - img-1583.jpg

Este tipo de accións, aparte de moi vistosas, serven para que a parella desfrute do momento e se esqueza totalmente de que están sendo fotografados.

Julián D. Martínez - img-1553.jpg

Tiñabamos a luz perfecta para fotografar sen axuda de flash, logrando unhas fotos en clave alta (predominio de tons claros) que recalcan o bo humor e alegría dos namorados.

Julián D. Martínez - img-1754.jpg

Á altura ideal estaba o sol para crear unhas idílicas estampas de baixo contraste, que se conseguen deixando atravesar directamente algúns raios de luz a lente da cámara.

Julián D. Martínez - img-1810.jpg

Na maioría destas fotografías, que foron feitas a contraluz para un efecto máis rechamante, utilizamos un simple pero efectivo reflector orientado cara os noivos. Deste xeito quedan correctamente iluminados aproveitando a luz natural.

Julián D. Martínez - img-1921.jpg

E xa para finalizar esta preboda, e tendo en conta as sensacións que transmiten estas imaxes... ¡Como non imos tratar de que as parellas teñan sempre as súas fotos desfrutando dun atardecer!

Julián D. Martínez - img-1610.jpg

Queda agora, por suposto, o gran día da boda... ¡Que será na próxima entrada deste mesmo blog!

Aínda quedan datas dispoñibles para esta tempada, pero se xa decidiches casarte o ano que ven... ¡Podes pedir xa o teu presuposto!

Deja un comentario